http://www.igape.es/media/tpl_portales-xunta/images/main-logos/logo-igape.png

 

SUBVENCIÓNS PARA A MODERNIZACIÓN, ESTABLECEMENTO DE NOVAS FÓRMULAS E MEDIOS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR COMERCIANTE RETALLISTA E ARTESANAL GALEGO (IN201H)

Finalidade / Obxectivo

Subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.

Tipos de apoio

Subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen
personalidade xurídica, legalmente constituídas, así como as federacións de comerciantes e as asociacións profesionais de artesáns, que en todos os casos cumprirán ademais os seguintes requisitos:

a) Comerciantes retallistas:

– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na Comunidade Autónoma.

– Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

– Que estea dado de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que este constitúa a actividade principal do solicitante.

– Que figuren inscritos no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

b) Titulares de obradoiros artesanais:

– Que o obradoiro artesán figure inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

– Que fagan uso da marca «Artesanía de Galicia».

c) As federacións de comerciantes sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Que figuren inscritas no Rexistro Galego de Comercio, no procedemento IN227F-Sección sexta.

d) As asociacións profesionais de artesáns de Galicia legalmente constituídas.

– Que polo menos 10 dos seus membros figuren inscritos no Rexistro Galego de Artesanía.

Non poderán ser beneficiarios/as destas axudas as empresas en crise.

Sectores incentivables

Comercio e Artesanía

Requisitos principais do proxecto

Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2015 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19.

1) Para os comerciantes retallistas:

a) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m2. Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie
comercial dedicada á venda.

Para estas actuacións, o investimento máximo subvencionable será de 10.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40%.

b) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 5.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40%.

2) Para os comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais:

a) Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento/obradoiro e o deseño dos seus produtos.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 4.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
b) Desenvolvemento e implantación de sistemas de empaquetado e etiquetaxe dirixido a mellorar a loxística e a comercialización do produto e o deseño da súa presentación.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 5.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

c) Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, poñendo á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos, así como a implantación e actualización de páxinas web ou aplicacións para dispositivos móbiles, dirixidas a mellorar a comercialización dos produtos e que conten con tenda online e pasarela de pagamento.

Quedan excluídas deste punto as accións de publicidade, así como os traballos de fotografía cando non exista implantación da web.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

d) Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda.

Quedan excluídas deste punto as accións de publicidade.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 8.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

Os beneficiarios só poderán solicitar unha actuación por cada epígrafe, e o investimento máximo subvencionable por beneficiario será:

Para os comerciantes retallistas 38.000 euros (IVE excluído) e para os titulares de obradoiros artesanais 23.000 euros (IVE excluído) e a porcentaxe de subvención a que se especifica en cada epígrafe.

3) Para as federacións de comerciantes:

a) Para o desenvolvemento do m-commerce, aplicacións informáticas (Apps) e webs para teléfonos móbiles. No deseño incluirase como mínimo: deseño gráfico da aplicación, desenvolvemento e a publicación nas plataformas, así como os idiomas. Deberán incluír actividades de promoción, publicidade, ofertas, etc.

Os proxectos que se implanten deberán implicar polo menos 50 establecementos comerciais.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000,00 €, IVE
excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
Cada federación só poderá presentar a solicitude para unha aplicación informática
(apps).
4) Para as asociacións profesionais de artesáns:

a) Sistemas que, engadidos ao produto ou ao seu empaquetado ou envase completen a súa información, sinalando o proceso de elaboración, a historia, a rastrexabilidade ou outros valores engadidos.

Neste caso, os proxectos que se implanten deberán implicar polo menos 20 obradoiros.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 90.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 70%.

b) Proxectos de deseño e creación de novos produtos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 80.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 70%.

Os beneficiarios só poderán solicitar unha actuación para cada epígrafe.

En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Cualificación requerida do proxecto

-

Inversións ou gastos computables

-

Contía das axudas

-

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no DOG e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

Incompatibilidades

O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do investimento subvencionable.

As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables.

Referencia lexislativa

Orde do 30 de xaneiro de 2015 (DOG Nº28 do 11/02/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2015