No DOGA do 29 de decembro,

1.- INSTITUTO GALEGO DE PROMOCION ECONOMICA (IGAPE) pax. 52893 e seguintes, publícase as axudas aos investimentos das pemes en equipamentos produtivos.

As características mais importantes son:

  • Investimento mínimo 150.000,00 € excluíndo impostos.

  • Deberá terse presentada a solicitude antes de iniciar o proxecto.

  • É compatible con outras axudas.

  • A empresa deberá facer unha achega mínima do 25 % do seu importe.

  • Pódese acadar unha axuda máxima de un 40 %.

  • O importe máximo de axuda por empresa e proxecto é de 500.000,00 €

  • Prazo para solicitalas: Ate o 05.02.2015.

2.- IGAPE, pax. 53018 e seguintes, publícase as axudas para novos emprendedores

Defínese como emprendedor aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude. Considerase que non se cumpre esta condición cando unha persoa no momento da solicitude figura de alta en Autónomos cunha antigüidade superior a 42 mes ou teña unha participación igual ou superior ao 25 % noutra sociedade mercantil.

No caso de sociedades mercantís:

  1. O capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das persoas físicas que non estean acometendo actividades por conta propia

  2. A participación de persoas físicas ou xurídicas que si estean desenvolvendo outras actividades non poderá superar o 49 %

  3. Polo menos unha persoa física cunha participación superior o 20 % no capital e sen outra actividade por conta propia na data da solicitude deberá ter unha dedicación plena ao proxecto e non poderá desempeñar outra actividade por conta allea desde a alta de actividade da nova empresa.

As características mais importantes son:

  • Investimento mínimo 25.000,00 € e non superior a 150.000,00 €, excluíndo impostos naquelas actividades que sexa recuperable.

  • Deberá terse presentada a solicitude antes de iniciar o proxecto.

  • É incompatible con outras axudas.

  • A empresa deberá facer unha achega mínima do 25 % do seu importe.

  • Pódese acadar unha axuda máxima de un 40 %.

Prazo para solicitalas: Ate o 02.02.2015

O 02 de xaneiro publicouse no DOGA a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

Aquelas persoas que estean interesadas terán que facer a súa inscrición ate o día 06.02.2015.

Para mais información poden consultar o DOGA número 1 ou pasar polas nosas oficinas ASESORIA EIDO EMPRESA en Av. de Ourense, 16 de Xinzo de Limia onde os informaremos debidamente.

No DOGA do 26 de decembro publícase as axudas a familias para a adquisición de equipamentos de televisión dixital terrestre no medio rural.

  • Ate 300 € por familia (IVE incluído),

  • Prazo para solicitala: 31.08.2015.

  • A súa concesión está condicionada, entre outras, a existencia de crédito suficiente.

  • A solicitude tramitarase a través das entidades colaboradoras.

En Xinzo de Limia a 03.01.2015