AXUDAS PUBLICADAS ULTIMOS DIAS
En Xinzo de Limia a a 12 de agosto do 2017.
Estimados/as Srs./as.
Estas son as axudas que se publicaron nos últimos días e que poden ser do deu interés:
ORDE do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento TR341Q) da Consellería de Economía, Emprego e Industria. (DOG 144 do 31.07.2017)
Persoas beneficiarias:
a)As persoas traballadoras autónomas que veñan realizando unha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida por un prazo superior a 42 meses
b) Rendemento neto no IRPF inferior a 30.000 €.
c) Facturación mínima anual declarada no exercicio anterior (2016) de 12.000 €, IVE incluído.
Destino da axuda:
Esta axuda de 3.000 € terá que ir destinada a:
-
Profesionalización: servizos de mellora da xestión financeira e procura de finanzamento, servizo de optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación e posicionamento web.
-
Desenvolvemento estratéxico: plan de mellora empresarial, marketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socias/os e redes de cooperación.
Prazo de presentación:
Un mes: ate o 31 de agosto.
Obrigas da persoa beneficiaria:
Entre outras temos:
-
Permanecer dado de alta en autónomos durante un tempo mínimo de dous anos
-
Estar o día nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social.
-
.2017 da Consellería de Economía, emprego e industria.DOGA 68 do 06.04.2017 . Ten vixencia ate o 30.09.2017.
RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2017(DOG 148 do 4 de agosto)
Beneficiarias:
Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2016 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria.
LIÑAS DE ACTUACIÓN:
1.- EMPRENDE:
1.1.- Poderán acollerse aos incentivos da liña Emprende as empresas de nova creación constituídas por mulleres sempre que, entre outros, cumpran os seguintes requisitos específicos:
a) O inicio da actividade económica ten que producirse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2016 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes 4 de setembro do 2017, ambos os dous incluídos.
b) Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras.
c) As promotoras antes do inicio da actividade laboral deben estar desempregadas. No caso de empresas constituídas por máis dunha promotora, esta condición deberá cumprirse como mínimo polo 50 % das promotoras.
Entenderase por persoa desempregada aquela que careza de ocupación durante un período mínimo dun mes inmediatamente anterior á data de inicio da súa actividade laboral.
d) A alta de todas as promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional deberá formalizarse no período comprendido entre 1 de agosto de 2016 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, ambos os dous incluídos.
No caso de creación de emprego para traballadoras por conta allea, para que poidan ser tidas en conta para os efectos desta convocatoria, a correspondente alta na Seguridade Social deberá formalizarse, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda, 01.12.2017
e) Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos tres anos inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade para a cal se solicita a axuda.
1.2. A contía dos incentivos da liña Emprende determínase en atención ao número de postos de traballo creados con carácter estable para mulleres, por conta propia ou por conta allea, de acordo coa seguinte escala:
a) Incentivo de 12.000 euros ás empresas que creen o posto de traballo da promotora.
b) Incentivo de 18.000 euros ás empresas que creen dous postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.
c) Incentivo de 20.000 euros ás empresas que creen tres postos de traballo para mulleres,por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.
d) Incentivo de 22.000 euros ás empresas que creen catro ou máis postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.
2.- INNOVA:
2.1.- Poderán acollerse aos incentivos da liña Innova as empresas constituídas por mulleres que presenten un proxecto de mellora sempre que cumpran os seguintes requisitos específicos:
a) No mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes debe acreditarse a realización efectiva da actividade empresarial de forma ininterrompida durante un mínimo de dous e un máximo de cinco anos na mesma actividade económica para a cal se proxecta
a mellora.
b) O proxecto de mellora ten que supor a creación, polo menos, dun posto de traballo para unha muller para o cal se esixa unha capacitación profesional media ou superior e cuxas funcións laborais estean vinculadas directamente ao desenvolvemento do proxecto de mellora e por un período mínimo de dous anos.
c) A alta na Seguridade Social da traballadora que ocupe o posto obrigatorio e, de ser o caso, das que ocupen os demais postos de traballo creados e vinculados ao proxecto de mellora, para que poidan ser tidos en conta para os efectos desta convocatoria, deberá formalizarse, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda, 01.12.2017.
d) O proxecto de mellora debe deberá materializarse nalgunha das seguintes accións:
– Proxectos de desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a obtención de novos produtos ou procesos, ou mellora dos xa existentes.
– Proxectos de aplicación de novas fórmulas de produción ou distribución
– Proxectos de diversificación de produción e/ou ofertas de produtos ou servizos no marco da mellora da calidade.
– Proxectos de reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos ou servizos innovadores ou de especial singularidade.
e) O proxecto de mellora ten que materializarse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2016 e, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda, 01.12.2017.
2.2.- A contía dos incentivos da liña Innova determínase en atención á creación do posto obrigatorio e, de ser o caso, ao número dos demais postos de traballo creados con carácter estable para mulleres, de acordo coa seguinte escala:
a) Incentivo de 15.000 euros ás empresas que creen o posto de traballo obrigatorio para unha muller.
b) Incentivo de 18.000 euros ás empresas que creen, ademais do posto de traballo obrigatorio, un posto de traballo por conta allea con contrato indefinido para outra muller.
c) Incentivo de 20.000 euros ás empresas que creen, ademais do posto de traballo obrigatorio, dous postos de traballo por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
d) Incentivo de 22.000 euros ás empresas que creen, ademais do posto de traballo obrigatorio, tres ou máis postos de traballo por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
3.- LIÑA ACTIVA.
3.1.- Poderán acollerse aos incentivos da liña Activa as empresas constituídas por mulleres que presenten un proxecto de reactivación para o mantemento do emprego e para asegurar o necesario equilibrio empresarial sempre que cumpran os seguintes requisitos específicos:
a) No mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes debe acreditarse un período mínimo de tres anos de realización efectiva da actividade empresarial na mesma actividade económica para a cal se proxecta o plan de reactivación. Entenderase cumprido este requisito cando existan períodos de inactividade que en total non superen os tres meses.
b) O proxecto de reactivación e consolidación deberá recollerse no plan de negocio empresarial e ten que materializarse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2016 e, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda, 01.12.2017
c) O plan de negocio empresarial deberá conter a definición do proxecto e deberá incluír,entre outros, o seguinte: a) os aspectos que condicionan o seu funcionamento; b) as necesidades que se deben cubrir a curto, medio e longo prazo para acadar o equilibrio empresarial e o mantemento do emprego; c) as medidas de tipo estrutural, conxuntural, económicas, financeiras, tecnolóxicas, de cualificación de medios humanos, de ampliación ou renovación de produtos ou servizos, de localización, etc., necesarias para a reactivación empresarial; d) o cadro de persoal; e) a conta de resultados dos últimos tres anos de funcionamento.
d) Manter ou incrementar o número de postos de traballo por conta propia ou por conta allea preexistentes na empresa.
e) A alta na Seguridade Social das traballadoras que ocupen os novos postos de traballo creados como consecuencia do proxecto de reactivación, para que poidan ser tidas en conta para os efectos desta convocatoria, deberá formalizarse, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.01.12.2017.
3.2 -A contía dos incentivos da liña Activa determínase en atención ao número de postos de traballo existentes na empresa como consecuencia do mantemento ou do incremento do emprego preexistente, por conta propia ou por conta allea, de acordo coa seguinte escala:
a) Incentivo de 6.000 euros ás empresas que manteñan o posto de traballo da promotora.
b) Incentivo de 12.000 euros ás empresas con dous postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.
c) Incentivo de 15.000 euros ás empresas con tres postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.
d) Incentivo de 18.000 euros ás empresas con catro ou máis postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.
4.- ITEF:
4.1.- Poderán acollerse aos incentivos da liña ITEF as empresas de nova creación que respondan a un proxecto empresarial de carácter innovador, no eido da investigación e da tecnoloxía, constituídas por mulleres sempre que cumpran os seguintes requisitos específicos:
a) O inicio da actividade económica ten que producirse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2016 e a data do fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous incluídos.
b) A actividade, proceso, produto ou servizo que vaian desenvolver debe ter un claro carácter innovador, con alto contido científico ou tecnolóxico, ter como obxectivo principal a aplicación de desenvolvementos tecnolóxicos no ámbito produtivo, de novo coñecemento aplicado, de resultados do avance científico e de I+D+i, ou nos cales a presenza de elementos intanxibles xeradores de valor sexa especialmente importante.
c) Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras.
d) As promotoras antes do inicio da actividade laboral deben estar desempregadas. No caso de empresas constituídas por máis dunha promotora, esta condición deberá cumprirse como mínimo polo 50 % das promotoras.
e) A alta das promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional deberá formalizarse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2016 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous incluídos.
No caso de creación de emprego para traballadoras por conta allea, para que poidan ser tidas en conta para os efectos desta convocatoria, deberán formalizarse, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.
f) Como mínimo, a promotora ou unha delas cando sexan varias, debe ser unha persoa con titulación universitaria relacionada co ámbito da ciencia, do coñecemento ou da tecnoloxía en que se basea a iniciativa empresarial e que participase no desenvolvemento do proxecto de investigación que sexa base da iniciativa emprendedora. Ademais, en todo caso, ten que gardarse a proporción dunha persoa con titulación universitaria por cada catro postos de traballo creados.
g) Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos tres anos inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade para a cal se solicita a axuda.
Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia a nivel de tres díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).
4.-2.- A contía dos incentivos da liña ITEF determínase en atención ao número de postos de traballo creados con carácter estable para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, de acordo coa seguinte escala:
a) Incentivo de 18.000 euros ás empresas que creen o posto de traballo da promotora.
b) Incentivo de 30.000 euros ás empresas que creen dous postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.
c) Incentivo de 40.000 euros ás empresas que creen tres postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.
d) Incentivo de 50.000 euros ás empresas que creen catro ou máis postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.
5.- CONCILIA:
5.1.- Concilia é unha axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF que ten por obxecto favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral ou profesional, tanto das promotoras coma das persoas traballadoras incorporadas á empresa, coas seguintes modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.
Os incentivos previstos para esta axuda só se poderán conceder a aquelas empresas que os soliciten expresamente e que resulten beneficiarias de subvención por calquera das liñas Emprende, Innova, Activa ou ITEF previstas nesta convocatoria.
5.2.- A modalidade Concilia-promotoras consiste nun incentivo de 3.000 euros por empresa, sempre que forme parte dela algunha promotora con fillas ou fillos menores de tres anos na data de finalización do prazo de xustificación da axuda.
5.3.- A modalidade Concilia-persoas traballadoras por conta allea consiste nun incentivo de 1.000 euros por persoa traballadora por conta allea, cun máximo de 5.000 euros por empresa,
6.- DUAL:
O incentivo da axuda Dual consiste nunha cantidade global de 500 euros por empresa.
Esta axuda só se poderá conceder a aquelas empresas que resulten beneficiarias de subvención por calquera das liñas Emprende, Innova, Activa ou ITEF sempre que se solicite expresamente e se asuma o compromiso de participar e completar o programa de titorización.
7.- OBRIGA DAS BENEFICIARIAS:
Entre outras:
-
Realizar a actividade e manter o emprego durante 2 anos.
-
Estar o día nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social.
ORDE do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 da Consellería de Economía, emprego e industria (DOG 148 do 04.08.2017)
Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)
1.- OBXETO:
Establecer as bases reguladoras do programa de promoción autónoma de persoas mozas desempregadas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.
2.- PERSOAS BENEFICIARIAS:
Persoas mozas que desenvolvan unha actividade empresarial ou profesional e que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar inscrito no sistema nacional de garantía xuvenil
b Non ter traballado no día anterior o inicio da activade laboral.
c) Ter solicitada a alta como persoa traballadora autónoma no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.
d) Terse dado de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
e) Non percibir subvencións ao abeiro dos distintos programas de promoción do emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
f) Non desenvolver como persoa traballadora autónoma a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estar de alta como persoa traballadora autónoma en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.
3.- CONTÍA DA SUBVENCIÓN:
En xeral 4.000 € que se incrementará nun 25 % nos seguintes supostos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural
4.- PRAZO PARA PRESENTACION AXUDAS:
Ate o 30 de setembro do 2017.
5.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:
Entre outras a de realizar a actividade durante 2 anos.
Programa II. Fomento da contratación por conta allea (TR349I e TR349L)
1.- OBXETO:
Incentivos á contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través dos seguintes procedementos:
a) Incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (TR349I).
b) Incentivos á contratación temporal das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación en contrato indefinido (TR349L).
2.- ENTIDADES BENEFICIARIAS:
Persoas empregadoras e empresas.
3.- CONTRATACIONS SUBVENCIONABLES:
-
As contratacións indefinidas iniciais e as contratacións temporais
realizadas desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017 formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
-
As transformacións en indefinidos dos contratos temporais realizados desde o 1 de outubro de 2016 e subvencionados ao abeiro deste programa, sempre que a transformación se formalice ata o 30 de setembro de 2017, formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
4.- PRAZOS
O prazo para solicitar as axudas remata o 30 de setembro do 2017.
5.- CONTÍAS DAS SUBVENCIONS:
1.- As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 7.000 € que se incrementara nun 25 % nos seguintes supostos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou está en situación ou risco de exclusión social.
c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
2. A contía da axuda para a transformación de contratos temporais en indefinidos calcularase da seguinte maneira:
a) 250 euros por cada mes completo de duración do contrato (mínimo 6 meses) ata un máximo de 12 mensualidades.
b) Esta contía incrementarase nun 25 % en cada un dos seguintes casos:
1º. Se a persoa incorporada é unha muller.
2º. Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
3º. Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
4º. No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
3. Os contratos para a formación e a aprendizaxe incentivaranse cunha axuda de ata 1.200 euros, sempre que a súa duración sexa de doce meses, e a parte proporcional cando no caso de autorización a súa duración sexa inferior, e o tempo efectivo de traballo sexa igual ao 75 % da xornada de traballo.
6.- OBRIGAS DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS:
Para as contratación indefinidas iniciais manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de dous anos contado desde a data de realización da contratación.
Para as contratación temporais Manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada polo período de duración do contrato obxecto de subvención
Programa III: programas de cooperación (TR352C)
1.- OBXETO:
Este programa ten por obxecto o financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, a través da contratación durante sete meses de persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
2.- CONTÍA DA SUBVENCIÓN:
O custe de salario e seguridade social durante o período de contratación e coas cantidades máximas establecidas nesta orde.
3.- PRAZO DE SOLICITUDE:
Ate o 4 de setembro
ORDE do 19 de xullo 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG 153 do 10 de agosto do 2017).
Programa I. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial (TR349A)
1.- OBXETO:
contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.
2.- AMBITO TEMPORAL:
Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.
3.- REQUESITOS:
1. Ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa respecto á media dos 3 meses anteriores ao da contratación.
2. Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta, ten que incrementarse o emprego neto da empresa respecto á media dos 3 meses anteriores ao da contratación.
4.- CONTÍA DA SUBVENCION:
As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 8.000 euros que se incrementará nas porcentaxes que se sinalan a continuación e que son acumulables entre si:
a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.
b) Un 25 % se a persoa incorporada ten discapacidade ou se encontra en situación ou risco de exclusión social.
c) Un 25 % se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar na cal todos os seus membros están desempregados.
d) Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
5.- PRAZO PARA SOLICITALAS:
As contratacións feitas anteriormente a data de publicación desta orde ate o 10 de setembro; para o resto ate o 30 de setembro.
6.- OBRIGAS DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS:
Entre outras:
-
Manter no cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos.
-
Manter durante 2 anos o número de persoas fixas do cadro de persoal no mes de realización da contratación indefinida inicial.
Programa II. Programa de incentivos á contratación de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social (TR349D)
1.- OBXETO:
Contratacións indefinidas iniciais, contratación de carácter temporal e as transformacións de contratos temporais en indefinidos formalizadas con persoas que estean en situación ou risco de exclusión social.
2.- AMBITO TEMPORAL:
Serán subvencionables as contratacións que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.
3.- REQUESITOS:
1. Como consecuencia da contratación indefinida inicial ten que incrementarse o cadro de persoal neto e fixo da empresa respecto á media dos 3 meses anteriores ao da contratación.
2. Como consecuencia da contratación temporal que se fomenta, ten que incrementarse o emprego neto da empresa respecto á media dos 3 meses anteriores ao da contratación.
3.- Como consecuencia da transformación do contrato temporal en indefinido que se fomenta ten que incrementarse o emprego fixo da empresa respecto os 3 meses anteriores ao mes da transformación,
4.- CONTÍA DA SUBVENCION:
1.- As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 10.000,00 euros que se incrementará nas porcentaxes que se sinalan a continuación e que son acumulables entre si:
a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.
b) Un 25 % se a persoa incorporada ten discapacidade ou se encontra en situación ou risco de exclusión social.
c) Un 25 % se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar na cal todos os seus membros están desempregados.
d) Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
2. As contratacións temporais incentivaranse do seguinte xeito:
Duración do contrato Contía
6 meses 2.500 €
7 meses 2.900 €
8 meses 3.300 €
9 meses 3.700 €
10 meses 4.100 €
11 meses 4.550 €
-
eses 5.000 €
3.- As transformacións de contratos temporais en indefinidos incentivaranse cunha axuda de 2.500 euros.
5.- PRAZO PARA SOLICITALAS:
As contratacións feitas anteriormente a data de publicación desta orde ate o 10 de setembro; para o resto ate o 30 de setembro.
6.- OBRIGAS DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS:
Entre outras:
-
Contratación indefinida inicial:
-
Manter no cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos.
-
Contratación temporal:
Manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada polo período de duración do contrato obxecto de subvención
-
Transformación de contratos temporais en indefinidos:
Manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos contado desde a data de realización da transformación subvencionada.
ORDE do 1 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN228A) da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG 153 do 11.08.2017).
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e se procede a súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento IN228A)
1.- OBXETO:
concesión de subvencións para proxectos de expansión do sector comercial retallista.
considérase proxecto de expansión comercial a apertura dun novo establecemento comercial por comerciantes retallistas titulares de establecementos comerciais situados en Galicia que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida.
Os proxectos de expansión comercial poderán basearse no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo.
Considéranse gastos subvencionables:
a) Obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.
b) Adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
d) Custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto.
Investimento máximo subvencionable será de 60.000,00 € (IVE excluído) e o investimento mínimo de 10.000,00 € (IVE excluído). No caso das actuación previstas na alínea d) o investimento máximo subvencionable será de 3.000,00 €.
A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.
2.- PRAZO PARA SOLICITALAS:
Ate o 11 de setembro do 2017.
Aproveitamos a ocasión para saúdalas/os moi atte.